jueves, 30 de abril de 2009

Inxustizas da xustiza

Non te metas onde non te chaman, esa é a conclusión a que debemos chegar despois da sentenza sobre o caso do Neira vigués. Nada máis e nada menos que tres meses de cárcere e 15550 euros por intertar defender a unha muller das agresión do seu mozo - segundo ela riñas de parella -. O más paradíxo do caso son as conlusión ás que chegou a xuíza é que a intervención foi causada polo trato que estaba a recibir a muller e por lexítima defensa. Non obstante, argumentando que a reacción foi desproporcionada pode ir preparando toda esa chea de cartos. O cabezazo anterior do agresor e,a súa vez, denunciante costaralle soamente 180 euros de multa e 81 de indemnización. Está visto que o mellor era poñer a outra meixela para ver se lle zoscaba ben, porque o senón perdes a razón perante a lei. Poucas ganas lle quedarán a esta vítima da xustiza de vir por Baiona.

Con este tipo de despropósitos de sentenzas as reaccións só cabe chegar a conclusión de que un non debe meter o nariz en ningún sitio nin defender a ninguén e moito menos defenderte dun ataque. Aquí están os xuíces que determinan quenes son culpables e inocentes, quenes deciden sobre a nosa liberdade. Mentres eles, gozarán de impunidade sobre as súas estúpidas sentenzas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario