viernes, 24 de abril de 2009

Menos gasto, pero con cabida para a piscina

E xa case mergullados no mes de maio aprobáronse por fin os orzamentos do Concello de Baiona para 2009. Sen tempo non era, pero a tardanza non é o que queremos analizar hoxe. Como xa nos viñan preparando nas últimas datas o alcalde Almuiña con iso de que estábanse a perder ingresos de aquí e de alá, éste redúcese en 900.00o con respecto ao ano anterior. En contra do que moitos economistas están a dicir nos tempos que corren, aquilo de que hai que aumentar a débeda dos organismos públicos para xerar postos de traballo a través da obra pública, Baiona prefire apretarse ben o cinturón en previsión de que as cousas non melloren en moito tempo. Por certo, parece mentira que o alcalde sendo compañeiro de partido de Feijóo, non confíe no novo presidente da Xunta, quen prometeu que nos sacaría desta. Eles mesmos saben que pouco poden facer. Volven ao tema, o PSOE recriminoulle isto de aforrar en vez de gastar para axudar a xente con maiores problemas, pero non xurrdiu efecto. Tanto socialistas como BNG votaron en contra. Por certo, os nacionalistas, no que se estreaba Roberto Valverde, lembraron o conflito coa Policía Local, que parece non ter resposta nos orzamentos. E falando de Roberto Valverde, hoxe aparece mencionado como información de interese en La Voz de Galicia . por levar distintos zapatos en cada pé. Gran primicia.

Pero retomando o tema dos presupostos, chama a atención que, mentres se rebaixan os presupostos, se destine unha partida de 18.000 euros para o estudo de financiamento e viabilidade dunha piscina para Os Tendais. Máis chama a atención que poña o acento neste asunto Manuel Vilar, defensor e precursor de que a piscina iría a A Ramallosa, por aquilo de estar entre os tres concellos. Agora a gastar en tempos de crise nunha nova. Como cambian as cousas. E xa de paso, ¿non ían facer un auditorio?. Parece que xa non, cousas da improvisación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario