miércoles, 29 de abril de 2009

O que lle faltaba ao PXOM

Tal como aparece hoxe en La Voz, o equipo redactor do PXOM de Nigrán afirma que o documento de inicio presentado xa é o avance . Sen ser expertos neste tipo de cuestións, parece un pouco raro que de primeiras se presente o avance sen aparecer antes o borrador. Máis parece raro se a disputa entre o PSOE e o BNG queda, así, en ridículo, xa que uns falaban de documento técnico e outros falaban de borrador. E os socialistas dicían que os nacionalistas non prestaran moita atención a elaboración de plan, pero agora parece que aquí nin os primeiros nin os segundos sabían en que estado se atopaba. Cando menos todos expresaron a súa sorpresa. Todos coinciden - que xa é algo - en que os veciños deberían poder facer aportacións sobre a ordenación do territorio, algo que non poderían facer nun documento de avance, no que as aportacións xa son de índole medioambiental.

Oa veciños, claro está, mostraron a súa preocupación. Agardaban que tralos sucesos do PXOM frustrado, este contase cunha participación activa da cidadanía e, mira por onde, agora non son os políticos os que o agochan, senón que sería por culpa dos redactores. O escenario é bastante confuso e sería un verdadeiro revés que os veciños non participasen no plan. Veremos que consecuencias trae isto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario