jueves, 23 de abril de 2009

Que os nenos xoguen con merda

A actualidade miñorana non para de xerar novas de relevancia esta semana. En primeiro lugar, seguen as detencións por tráfico de drogas na comarca, sete en nove días. Parece que no Miñor estamos empeñados en copiar comportamentos establecidos popularmente ou estereotipicamente nas terras de Arousa. Alegrámanos polas detencións pero entristecémonos de que existan este tipo de accións por parte das persoas, a todas luces egoístas. Non obstante, as copias continúan, sobre todo, en Baiona, onde por enésima vez vemos exemplos de urbanismo desordeado e obras rápidas co único propósito de obter cartos e votos, estilo marbellí. A calidade política baionesa - tamén galega - non chega nin ao 0. Dunha banda, a semana pasada tiñamos constancia do peche do vial de Portolys. Sexa pública ou privada e fóra de quen teña a culpa, o caso é que, coma sempre, o único que pensamos primeiro é en edificar, en enriquecernos co ladrillo, para logo darnos conta de que arredor dos edificios ten que haber infrastruturas. Un desorde urbanísitco que en Baiona é esperpéntico e que de momento non hai indicios de que vaia cambiar. Xa veremos que pasa co PXOM.

Se esa situación é vergoñenta, nada se pode dicir da denuncia de veciños de Belesar que, a través do BNG, fan hoxe no Faro de Vigo. sobre o estado do parque de nenos en Urgal. A sempre atenta con Baiona Deputación de Pontevedra, dirixida por Louzán, regalou ao barrio un recinto para que os nenos xogasen ao lado dunha fosa séptica. As advertencias do dono da finca non impediron que nin o ente provincial nin o concello - sempre a prol da seguridade dos seus veciños - detivesen a obra, pois o importante era inauguralo antes das eleccións. Pero non só iso, as condicións de acceso, os materias empregados ou a humadidade procedente do manancial non foron obstáculos para inaugurala e deixala así. O único que pode explicar isto é que ambos organismo - dirixidos por populares - pensen que os nenos de Belesar non merecen máis.


Xa non debía nin falar do estado de conservación dos parques e xardíns de todo o concello, onde a vexetación, coma neste caso, converte estes lugares en campos de batalla dunha película de Rambo. Limpeza, por favor¡!

No hay comentarios:

Publicar un comentario