martes, 28 de abril de 2009

Ser un corrupto sae barato

Sí, xa sabemos que na rúa se di moito iso de que aos políticos non lles pasa nada e a alguén anónimo xa ten medio pé no cárcere. E virá algún idealista estudado en Dereito e nos dirá que todos somos iguais perante a lei, pero entón ¿por que a realidade empéñase en poñer en dúbida esta afirmación? Os políticos parecen tocados por unha divinade que lles fai inmunes á xustiza ou, cando menos, diminúe os castigos polas súas andanzas ata a mínima expresión. Menudencias diría Fraga. Que si otorgo licencias ilegais, pois xa faremos que encaixen. Que si existe algunha complicación, botámoslle a culpa aos asesores xurídicos de cada concello. Que si a cosa vai a peor, pois a secretaria. Que si xa chegou a merda aos nosos concellais, pois eu non sabía nada. E despois de evitar todo isto os poucos políticos que ao final son condenados pagarán unha multa que en comparación con todo o que gañaron e fixeron perder o seu pobo da a risa e quedarán temporalmente inhabilitados. E algún terán a cara de volver e, o que non é máis esperanzador, haberá quen lles vote.

En Nigrán os primeiros en pagar, coma sempre, foron os propios cidadáns os que deberán pagara primeiro, pagar por defender a legalidade. Parece paradóxico, pero é así. mentres os culpables, se ao final din que os houbo, viven tranquilos. En Gondomar a cousa non pinta mellor. O xuízo por cohecho segue alongándose infinitamente no tempo, mentres as consecuencias do legado do anterior goberno continúan. Mentres a oposición actual empéñase en non restaurar a normalidade. 1, 9 millóns é o que pide a Fiscalía, xa veremos se os ediles implicados ao final pagan a décima parte. Gondomar seguirá sen PXOM e os gondomareños seguirán sendo os únicos perxudicados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario