lunes, 25 de mayo de 2009

Cando as negacións evidentes saen á luz

Despois duns días nos nos foi imposible actualizar este blog, agardemos que non volva a acontecer, non hai mellor día que hoxe para voltar a actividade Desde o Miñor. As mentiras evidentes dun goberno que se empeñaba en negar o que todo o mundo supoñía e, aínd aasí, incluso non quería crer. Non é unha lenda urbana que cando se inaugura un novo parking para pagar o favor o gobenro de turno suprime prazas de aparcamento gratuítas en superficie ou, polo menos, así acaba de quedar constancia en Baiona, a través da nota publicada o domingo no Faro de Vigo. Non sabemos se son 300 prazas como no seu día denunciaba Xosé Enrique, cando o alcalde ríase de tal afirmación , pero si sabíamos que, casualidades da vida, inaugurado o parking do Aral, reordésae o tráfico en Os Tendais, suprímense aparcamentos, puxéronse dobres sentidos sen moito sentido, zonas de carga e descarga e aparcamentos en liña. Iso só nas rúas de Os Tendais, porque no verano pasado pasaban a mellor vida os aparcamentos de terra existentes e os de santa Liberata.

Pero parece que as casualidades non son tan casualidades e as razóns polas que o gobenro local de Baiona facía iso non eran as que intentaba facer xustificar Almuiña. A empresa concesionaria, non contenta coa colaboración prestada, denuncia que o concello non cumpriu ese pacto, ata de agora ocultado aos baioneses, de que se comprometían a eliminar aparcamentos. (tamén poucos quedan xa). Ou realmente queren que todos os baioneses aparcan todos os días nos subterráneos ou non seiq ue pretenden. Pero máis denunciable é o labor do concello, que lle explota a merda das mentiras na cara. ¿Mentirían só nisto?

No hay comentarios:

Publicar un comentario