viernes, 8 de mayo de 2009

De Lis a un paso do despropósito

O líder do PSOE de Gondomar, Alfonso de Lis, chegaría a un pacto co PP ou con Move Gondomar para botar ao BNG do goberno, tal como se afirma hoxe en La Voz. Os socialistas, lembremos, foron os que permitiron a investidura de Araúxo como alcalde, aínda que posteriormente non houbo acordo entre ambas formacións para formar o bipartito de goberno. O BNG, ante as grandes diferenzas persoais que existen entre ambos líderes, leva gobernando desde entón en minoría. Incluso houbo un segundo intento pero a reconciliación parece imposible.

A partir de aí o rumbo tomado por De Lis rozou o esperpento. Nas sesión plenarias exerceu unha oposición de derribo contra os nacionalistas coincidindo nos seus postulados co PP. Incluso con este partido posicionouse a favor de rescatar o PXOM polo que aínda dous concelleiros esperan sentenza por cohecho, Un PXOM a todas luces ilegal. Pero de momento non se puido saír coa súa e vista esa paralización urbanística en Gondomar xa está pensando en aliarse con Silva, o que estaba á fronte da tramitación do PXOM - demostrouse que desoíra os avisos da secretaria municipal e incluso fora informada con retraso - .

E así está o panorama en Gondomar. Un panorama non moi esperanzador.

No hay comentarios:

Publicar un comentario