lunes, 4 de mayo de 2009

En Nigrán non, en Baiona si

En Nigrán non en Baiona si. Na oposición non, no goberno sí. Nun lado podía provocar un aumento da inseguridade cidadán e dos accidentes de tráfico, no segundo é unha forma de aforrar custos perante a crise. A diferenza única é que cambiamos de municipio e de papel. O PP en Nigrán puxo e pon aínda hoxe o grito no ceo cando Juanes e Hermida decidiron por en marcha o plan ante crise do concello a base de apagar unha de cada dúas farolas na vías mellor iluminadas. Non obstante, en Baiona, Vilar - non exactamente do PP pero se supón que co visto bo de Almuiña - decidiu apagar algúns dos varios focos cos que contan as farolas do casco urbano baionés por aquilo da crise, esta vez en termos xerais.

Deberían ás veces os políticos dun mesmo partido reunirse para decidir que estratexias seguir con determinados asuntos se non queren dar a impresión de estar en contra só por aquilo de criticar o goberno e estar a favor cando es o que estás no poder. Nón non queremos ser enganados nin os os miñoranos, agardemos, tampouco.


No hay comentarios:

Publicar un comentario