martes, 5 de mayo de 2009

Feira de abril en maio e en Baiona

Non só non escarmentaron coa súa primeira edición, senón que os comerciantes de Baiona parece estar convencidos de que a Feira de Abril vai poder estar marcado con aspas no calendario de eventos culturais de referencia da vila. Non se dubida aquí que a vila necesita de medidas para atraer o turismo, xa que o sector servizos baionés está moi estacionado no verán. Habería que ver tamén por qué acontece isto. Non dubidaríamos en afirmar que os empresarios que invirten en Baiona só apostaron, na súa gran maioría, polo enriquecimento pola vía rápida grazas os cartos que puideran deixar os turistas, polo que primou sempre foi o bar, o restaurante e as tendas de roupa con prezos prohibitivos. Con isto está claro que a cousa non vai ir moi ben en tempos de crise. O concello tampouco fixo nada por cambiar e polo que seve o novo PXOM tampouco aposta por atraer novas empresas cun parque empresarial decente.

Pero voltando ao tema que nos ocupa, aínda considerando necesario tomar medidas para revitalizar o sector, parécenos fora de lugar esta celebración. Tanto alcalde como comerciantes son así máis afíns a todo aquilo que ven de fora que pola cultura propia. ¿Que carallo ten que ver con Baiona o pescadito frito, o gazpacho e as coplas? Nada. Mentres para o Día das Letras Galegas non haberá nada ou, como moito, unha festa do polbo - poñeran pulpo para evitar que os de Galicia Bilingüe pensen que están nun festival porno - por esas datas. Lamentable é o único que podemos dicir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario