martes, 26 de mayo de 2009

O esperpento gondomareño

Non podíamos pasar por alto os últimos episodios da comicidade da oposición gondomareña. Aquelas sospeitas coas que deixaramos hai dúas semanas a situación en Gondomar de que De Lis estaba pola labor de levar adiante unha moción de censura confirmáranse coa convocatoria dunha reunión entre o líder socialista, Núñez Sestelo e Carlos Silva. Pero só se quedeu, niso, en convocatoria, xa que De Lis non apareceu, cousa que se vía vir.

O máis sangrante se xa non tilña bastante miga o tema foi que trala moción fallida, produciuse o primeiro pleno produtivo en Gondomar. Aprobáronse os proxectos pendente e mesmo Silva apoio a iniciativa de pedir que se manteña o decreto do galego, en contra do que fan os seus compañeiros de partido na Xunta. Descoñecemos se foi unha situación puntual ou si a frutrada moción devolveu aos políticos da oposición a decencia e o traballo cara a cidadanía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario