jueves, 25 de junio de 2009

As praias non sufriron tanto

Mentres hoxe xa se ten presentada no Concello de Gondomar a correspondente moción de censura, que seguramente teremos tempo de seguir comentando en días posteriores, hoxe é momento de facer balance da noite de San Xoán en Panxón. E todo parece indicar que esta vez non se produciron nin de lonxe os danos de edicións anteriores, tal como sae no Faro de Vigo. As medidas adoptadas polo concello obtiveron grandes logros e, salvo sorpresa maiscula, tanto Praia América como a praia de Panxón poderán seguir lucindo as correspondentes bandeiras azuis.

Pese ao éxito, houbo que tamentar varias intoxicacións etílicas, vandalismo. pelexas, etc. Un problema de fondo que a solución non a ten, ao noso parecer, o concello. Máis ben é cousa de educación. Polo menos os excesos dalgúns non irán perxuízo de todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario