Vai resultar que algunhas promesas van ser cumpridas polo novo goberno da Xunta. Unha delas será a non construcción do carril bici entre Vigo e A Ramallosa. Supoñemos que o que vai de Baiona á A Guarda continuará adiante. Falan de ampliar aceras nas marxes da estrada e un bulevar interior, pero non se aclara na nova do Faro de Vigo se a nova consellería ten pensado levar a cabo as mesmas exportacións que a anterior, ou se de verdade cos novos cambios introducidos os veciños da estrada da vía xa lles da igual s elles quitan ou non finca se non hai carril bici. Serían moi bondadosos se o único que querían, que non sería pouco, era evitarnos un carril bici altamente perigoso.
Sen ter moi claro o das expropiacións, deudcimos tamén que se non hai carril bici pola estrada da vía, non o haberá por ningures. De ser así, sería unha mágoa o de perder a conexión desde A Guarda ata Vigo con carril bici. Máis claro aínda é a necesidade de que esa estrada teña un lavado de imaxe. Agardaremos a que alternativa resultante sexa mellor e non teña grandes repercusións o cambio nos petos dos galegos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Se é verdade o que din no Faro (ampliación da estrada, aceras, etc), expropiacións vai haber igual, porque en moitos tramos non hai ni n arcén nin nada.
ResponderEliminarXa veremos se os veciños se mostran tan rebeldes co PP como co bipartito.