viernes, 19 de junio de 2009

Cambio no poder, cambio de padecer

A calidade política en Baiona, como xa temos dito nalgunha ocasión, é lastimosa e sangrante. Da igual que Chicho xa non estea no centro da esfera (polo menos nesta lexislatura), porque o seu legado segue aí, e non falamos só da continuidade no goberno de Vilar. Falamos do que fan os nosos gobernantes locais en xeral, co alcalde á cabeza. A desfachatez é tal que é capaz de pedir durante todo o seu mandato que a Xunta, aquela do bipartito, mellorara o servizo que prestaba o Grumir na comarca. Máis dunha vez, sobbre todo cando no último ano estaba de presidente da Mancomunidade do Val Miñor, tiña boas palabras para este servizo. E, agora, co cambio de mano no goberno autonómico o seu discurso cambia. Desde a Xunta decidiron que si no Miñor o servizo do Grumir era precario con nova axentes durante nove meses ao ano, non pasa nada por rebaixalo a tres. E sin dar máis explicacións din que haberá unha alternativa para o ano que ven, pero o certo e que non teñen pensada ningunha. E Almuiña, coma temos visto na meirande parte dos políticos de Baiona, defende só os intereses de partido que os da sua vila, tomando parte desa idea e esquecendo todo o que tiña defendido sobre ese tema ata hoxe. Convén sinalar que deixou só na loita aos alcaldes de Nigrán e Gondomar.

Non cabe dúbida de que o Grumir é ata o de agora imprenscindible na comarca, polo menos ata que o paruqe de bombeiros sexa unha realidade (canto queda por facer). Se os axentes xa tiñan unhas condicións lamentables de traballo, a cousa non mellora, senón que empeora. O único que queda e darlles as grazas e agardar que o déficits de seguridade e vixilancia, promovidos polos nosos magnates non teñan danos graves que lamentar

No hay comentarios:

Publicar un comentario