jueves, 11 de junio de 2009

Deixadez por resposta

Incendio nun inmoble de Alfézez Barreiro, en pleno centro de Baiona. Non houbo que lamentar vítimas persoais. É unha sorte, porque non había xente vivindo cerca nin eran horas nas que houbera viandantes nos arredores. Non era este o único edificio que se enconra abandonado nun estado avanzado de deterioro. Os donos de todos estes inmobles, que se poden ver desde Sabarís ata o Casco Vello, non parecen procupados polo perigo que reperesenta para a cidadanía a súa deixadez, senón que só pensan na escasa rendibilidade que lle sacan. Tamén é responsabilidade das autoridades locais, que non fan cumprir as normas con mecanismos existentes para iso. Deben considerar lícito especular ata a putrefaccción.

Facemos, pois, un chamamento aos veciños con este tipo de propiedades e tamén as autoridades para que tomen as medidas oprtunas para que non se poidan repetir esceas como a de onte. E non só incendios, senón tentar recuperar inmobles na medida do posible. Todos estes edificios recuperados serían bos lugares para vivendas para mozos que queren independizarse ou para prestar servizos aos cidadáns. O egoísmo dalgúns non pode ir en perxuçizo de todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario