martes, 9 de junio de 2009

Manifestación á inversa

Cando xa parecía que coa decisión do novo goberno da Xunta de Galicia o carril bici pasaba a mellor vida, convócase para o próximo domingo unha manifestación a favor do proxecto anulado na PO-325. Está claro que nunca chove a gusto de todos, pero se nos meses anteriores respetábamos aos que estaban en contra, tamén hai que respetar aos que están a favor. Evidentemente, aos que menos gracias lles fai que se volte a falar sobre o asunto son os afectados directos por auqel proxecto. A niguén lle gusta que lle quiten terreos. A cuestión realmente era saber se o proxecto do carril bici viña cumprir o obxectivo de seguridade que traia consigo. Evidentemente a estrada necesita unha mellora urxente. Coa febre humanizadora da crise pois era un momento idóneo para emprender a reforma do vial.

O carril bici en si xa merece espazo aparte. O primeiro que hai que dicir é que en en Galicia os nosos políticos están empeádos en facer carrís bici máis por vender unha imaxe que por convicción e aposta real por este medio de transporte. Como moito, apostan polo seu uso lúdico. Realmente o que habería que facer eran carrís bici no que realmente puideran circular as bicicletas con dobres sentido e anchura axeitada. O demais son ornamentos de dubidosa utilidade. Aínda que, ao noso entender, a prioridade nas comunicación do Miñor, sería o tren. Más valía buscar os terreos para iso, xa que a sua necesidade é incuestionable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario