sábado, 20 de junio de 2009

Novas sombras na xestión Do goberno baionés

Todo o relacionado cos parkings e aparcamentos en Baiona sempre están en boca de todos. Cando se fala de aparcamento a polémica está servida na vila, sobre todo, cando o concello se empeña en xestinar de forma irregular estes asuntos. Despois de que a concesionaria desvelase o acordo encuberto entre a empresa e o goberno local para que se suprimiran prazas de aparcamento en superficie e que, segundo eles, estaban a incumprir, esta vez a ilegalidade queda constatada. Podemos falar de clientelismos e oscurantismo. O TSXG declarou o concurso de parking do Aral ilegal e xa é unha sentenza firme.

Polo visto, o alcalde de Baiona e os seus deron visto bo a un proceso de adxudicación no que declinaráse as ofertas das demais empresas que se presentaron sen motivos axustados ao dereito. Agora terán que volver a realizar o concurso e pudiera darse o caso de que a xestión do aparcadoiro soterrado cambiase de man e, polo tanto, pudiera acarrexar un gran perxuízo ás arcas municipais. E ante esta situación preocupante como mínimo, Almuiña, coma xa dixo algunha vez neste tipo de situación, di estar tranquilo. Tranquilo, pese a demostrarse que en Baiona as cousas non se fan correctamente e tranquilo porque sempre pasa as responsabilidades aos asesores xurídicos de turno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario