miércoles, 17 de junio de 2009

O macrobotelón de Panxón

Aproxímase San Xóan e aproxímase a desfeita padre en Praia América. Pode que este ano o dano sexa menor, non se sabe ata que punto as medidas do concello farán que os centos de mozos e cativos (moi cativos nalgúns casos) decidan non deixarse caer por Panxón o día das fogueiras ou, polo menos, non para facer o garrulo. Non imos a criminalizar aquí o botellón, porque non estaríamos dacordo. Criminalizamos das prácticas vandálicas e dos excesos que se cometen nalgunhas destas concentracións e, nomeadamente, a deste día. O problema non é que os mozos beban alcohol, o problema é que o fagan menores. E a causa de que o fagan os menores e a irresnponsabilidade dos pais, iso que quede claro. Non ten outro nome, por mal que lle pareza algúns.

Fora do probelma da saúde dos menores, está en xogo o estado de dous arenais nos que se está acometer nos últimos anos unhas tareas de recuperación costosas que nesta data corre o perigo de botarse a perder. Porque a xente podería facer botellón, pero como garrulos hai en todas partes e maior xentío, máis garrulos (e son garrulos borrachos), pois o vandalismo convértese en pasatempo. Non vou volver a botar a culpa os pais con aquilo de que non teñen educación e tal, que tamén hai algo diso, senón que é respondabilidade desas xentes. Non son conscientes que o que rompen tamén é deles. Máis, cando a maior parte deles nin tan sequera son do Miñor. Moitos non pisarán nunca máis Praia América e os que o fagan pensarán que xa limparán e arranxarán os seus atentados.

Como xa dicíamos, non sabemos de virán menos, se haberá desperfectos, sobre todo, cando non hai a estas alturas comisión de festas. Será por non sentirse dalgún responsables do lamentable espectáculo, aínda que non sexa así. O caso é que tamén fai falta como adoitamos dicir sempre máis vixianza. Senón chegan os da Policía Local de Nigrán, poderían solicitar axuda a Garda Civi, aos municipais de Baiona, Gondomar , sobre todo, Vigo. Lembremos que a meirande parte dos foráneos son da cidade olívica. E non só para ver, senón para actuar. E deter aos incívicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario