miércoles, 24 de junio de 2009

Os de Gondomar voltan ás andadas

Parecía que tralo intento errado de moción de censura en Gondomar, socialistas, populares e independiente daríannos paso a un tempo de tranquilidade trala tormenta. Non obstante, pese a vergoñenta estampa que nos deixaron nos últimos meses, a súa ansia infinita de poder fai de novo posible que estean hoxe, tal como sae no Faro de Vigo, a punto de consumar a moción contra o goberno de Araúxo. Aquel clima reconciliador que estiver presente no pleno posterior a aquela marcha atrás era tan só un espellismo e as espadas de guerra seguen en todo o alto.

En La Voz de Galicia, Louzán xa di que existe o acordo e non quere oír nada de transfuguismos, aínda que só hai que ver os enfrontamentos internos entre os membros do PSOE de Gondomar. E para encherse máis a boca, fala de responsabilidade de Carlos Silva, que se desmarca e deixa o mando na nave ao número dous, Martín Urgal, esuqecendo, de paso, que na outra intentona el si que estaba polo que podmeos dicir aquilo de que non lle quedaba outra. Lembremos que aínda ten pendente o seu recurso contra a sentenza que lle acusa de prevaricación.

Non hai que esquecer que o que queren estes partidos e botar man do anterior Plan Xeral,é dicir, o do cohecho e o da prevariación. De Lis, Silva ou o seu secundario e Sestelo queren botar man outra vez da merda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario