viernes, 26 de junio de 2009

Transfuguismo consumado

Como falabamos onte, Panxón e Praia América recuperaron sen problemas as bandeiras azuis e, como tamén adiantabamos onte, hoxe habería que falar de novo da estampa esperpéntica gondomareña. Sorprendentemente, polo menos para nós, é que a moción presentada por PP, PSOE e Move Gondomar, conte coa firma dos catros membros socialistas da corporación, xa que sempre se falou de que só dous estaban polo labor. O poder ou a saber que puido con eles. E aínda que rexeitamos esta actitude dos mal chamados socialistas, constátase que tanto a dirección de partido como a propia executiva local (separada de De Lis e das súas pretensións de recuperar o Plan Xeral baixo sospeita ¿por que será?) non están dacordo coa iniciativa. Deste xeito, a executiva local pide a expulsión e o partido xa anuncia que en canto os catro tránsfugas voten a favor da censura no próximo pleno, apunten 7 de xullo, serán expulsados.

Esta actitude do PSOE contrasta coas boas verbas que dedicaba á moción o popular Louzán, que só vía puntos positivos. ¿De verdade se crerá o de que queren recuperar un goberno forte e estable? Os intereses persoais son os únicos que explican a actitude De Lis e os seus, tal como din os seus ata agora compañeiros socialistas, e non temos argumentos necesarios para pensar que o caso dos populares sexa dintinto (nin no de Sestelo).

Pero o cómico da situación non acaba aquí. Pese a que para lavar un pouco, só un pouco, a mala imaxe da moción deixaron fora ao número un do PP godnomareño, Carlos Silva, por aquilo de que pode acabar na cadea, os firmantes confirmaron con orgullo que estará presente na corporación e asumirá responsabilidades de goberno. Vaia despropósito
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario