miércoles, 3 de junio de 2009

A vida da cor das gaivotas

De cor de rosa ou, mellor dito, da cor das gaivotas será a partir de agora a tramitación para aprobar o PXOM baionés. todo é ter na Xunta xente que comlgue coas túas ideas. Tampouco digo que o tratamento do biparito fose estupendo coa vila, pero sería de agardar que habería bastantes limitación aos posicionamentos defendidos polos impulsores do plan, aínda que nunca se sabe. O caso é que agora as cousas de palacio irán menos despacio e haberá luz verde para campos de golf e pelotazos varios aos que estamos xa acostumados. No Plan Xeral deberían ter cabida, en pirmiero lugar, os veciños e despois todo o demais. Menos segunda vivenda e máis de protección oficial, para que a mocidade non teña que buscarse a vida á forza fóra do municipio. Impulsar a creación de empresas cun solo dedicado a actividade industrial, pudendo desprazar un pouco a exclusividade dos negocios do bareto e do restaurante dos prezos prohibitivos. Maís servizos para os veciños (instalacións deportivas de calidade, área comercial, actividades e menos portos deportivos e menos campos de golf. Pero por aí parece que non van ir os tiros.

Doutra banda, nas temáticas tratadas nos últimos días, parece que o concello responde as peticións da concesionaria do parking. Se na rúa Marqués de Quintanar só s epoderá aparcar nunha marxe, na parte sen reformar, xa teñen pintado zonas de carga e descarga incomprensibles como na fornte da churrería. O capital manda. Imcomprensible tamén é que a praia Barbeira reciba bandeira luz cando non ten uns mínimos de calidade nin tampouco servizos para iso. En fin, que agora en Baiona as cousas son do cor das gaivotas do partido no poder.

No hay comentarios:

Publicar un comentario