miércoles, 1 de julio de 2009

Espantada dos firmantes da moción de censura

Desde a consumación da moción de censura, cada día centos de gondomareños saen as rúas para protestar polo que consideran a moción da corrupción. E onte, no pleno, a cacerolada veciñal non fallou a cita, pero si os propios firmantes da moción. Nada se soubo dos tránsfugas do PSOE, dos concelleiros do PP e Move Gondomar. A espantada pode explicarse por remordemento de conciencia ou cobardía, sendo esta a opción máis posible. O pleno de momento esperá a ver cando os precursores da moción decidan dar a cara ante a veciñanza.
Mención especial, a foto na que se ilustra no Faro de Vigo a noticia. Unha pancarta na que os PSOE están en contra da moción. Hai que intentar lavar a cara a imaxe do partido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario